Ronsel de Ideas ten colaborado anteriormente coa Asociación Ponte… nas Ondas!, gañadora do Premio Ondas 2014 á mellor cobertura informativa en radio, elaborando por exemplo algúns recursos didácticos para o proxecto Na Ponte. Recentemente tivemos a oportunidade de contribuír a impulsar a campaña “Patrimonio de Futuro”, lanzada dez anos despois de que fose presentada a primeira candidatura á lista do Patrimonio Inmaterial da Unesco promovida por centros educativos de dous países. Desta volta, a Asociación Ponte…nas ondas! puxo en marcha unha campaña de apoio para solicitar dos Estados español e portugués a inscrición na Lista Representativa da UNESCO do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.