Facemos todo isto, e máis

Áreas de actuación

Ronsel de Ideas nace en 2010 en Santiago de Compostela da man de persoas con longa experiencia no eido da comunicación. Aquí podes ver un resumo das áreas onde vimos desenvolvendo a maioría dos nosos traballos durante este tempo.

Área de Educación

No ámbito da pedagoxía e didáctica temos traballado intensamente.

Deseño e elaboración de material didáctico de uso para escolas e familias

Planificación e difusión de actividades de carácter educativo

Desenvolvemento de materiais de uso educativo para institucións e empresas

Cursos de formación online

educacion-pantalla

cultura-pantalla

Área de Cultura

A nosa área de servizos culturais desenvolve materiais e proxectos de alta calidade.

Mantemento de portais web e redes sociais en ámbitos culturais

Deseño e elaboración de revistas, boletíns e outros contidos culturais

Asesoramento, planificación e difusión de actividades culturais

Desenvolvemento de materiais diversos para institucións e empresas


Área de Comunicación

A nosa área de comunicación acumula a experiencia de moitos anos traballando en medios.

Comunicación 2.0: xestión de redes sociais, deseño e mantemento de blogs corporativos, mantemento de webs institucionais e corporativas

Servizos de xestión de gabinete de prensa

Servizos de planificación estratéxica de comunicación. Diagnóstico e elaboración de plans estratéxicos

comunicacion-pantalla

igualdade-pantalla

Área de Igualdade

Deseñamos, asesoramos, executamos e avaliamos Plans de Igualdade; Plans de conciliación da vida laboral, persoal e familiar; diagnoses de xénero, deseño e desenvolvemento de actividades específicas de igualdade dirixidas a diferentes colectivos, asistencia técnica a proxectos de igualdade, asesoramento no deseño e desenvolvemento de medidas específicas de igualdade e conciliación.


Área Ambiental

Nos últimos anos acumulamos unha intensa experiencia coordinando e elaborando materiais divulgativos e formativos relacionados co medio ambiente.

medio-ambiente-pantalla

outros-pantalla

Outras áreas

A nosa experiencia abrangue outras áreas de interese: asesoría en proxectos europeos, tradución de documentación, formación, RSC, edición de libros… consulta con nós e miramos que podemos facer por ti!