Ronsel de Ideas
O noso equipo - colabora
- crea
- investiga
- innova
contigo para identificar as mellores ideas e deseñar a mellor estratexia para o teu proxecto.
- colabora
- crea
- investiga
- innova
Ronsel
1. Rastro, que recorda un camiño, que queda na superficie da auga cando algo esvara sobre ela.
2. Por ext., rastro que deixa ó seu paso un corpo que se move.
Idea
1. Representación mental de algo ou de alguén. SIN. concepto.
2. Coñecemento de algo ocorrido ou por ocorrer.
3. Habilidade ou talento para realizar algo, noción do que se fai.
Así o facemos...
E todo isto é o que facemos...
Traballos Recentes
Primavera das Letras é un proxecto da Real Academia Galega que pretende contribuír a estender a celebración e que “o Día das Letras Galegas sexa algo máis ca un día”.
De estrea durante o ano de homenaxe a Manuel María, Primavera das Letras fornece de novos recursos a comunidade educativa ao longo de toda a primavera, ata mediados do mes de xuño, achegándolle desde fichas didácticas a actividades interactivas.
Outros exemplos de traballos de Ronsel de Ideas
As claves...
Equipo
A profesionalidade e o traballo ben feito son prioridades. Iso só é posible co mellor equipo e a mellor rede de colaboradores. Xente que comparte os nosos valores de excelencia e responsabilidade.
Ideas
Se o podes imaxinar podemos darlle forma. Colaboramos contigo na investigación e desenvolvemento de ideas e na definición de estratexias. Maduramos ideas para ti!
Orixinalidade
Gabinete de prensa, xestión de redes sociais, boletíns, revistas… Facemos deseño, elaboración, publicación e mantemento… Xeramos contidos orixinais!
Solucións
Consulta con nós as túas necesidades de planificación e deseño de proxectos. Escríbenos á caixa de correo contacto@ronseldeideas.com. Dámosche solucións!