A Familia Trebón

A Familia Trebón


Resumo de proxecto

Baixo o título ‘A Familia Trebón’, Ronsel de Ideas creou unha serie de personaxes destinados á sensibilización ambiental na Educación Infantil. Carola, Anselmo, Lucas, Lilia e Vito son un grupo de simpáticos personaxes que xunto ao profesor Uxío, o can Antenas e o gato Evaristo corren toda unha serie de aventuras que divirten á vez que forman no eido ambiental aos máis cativos. Os ecocontos son publicados por Sogama no seu Caderno Verde en formato de ecoconto audiovisual. Ademais, a familia Trebón tamén foi protagonista dun conto editado en formato papel e distribuído en todas as escolas galegas.

Máis información